Contactar con Galiza Nova


No albor do século XXI, dous tércios da povoación mundial viven na permanente pobreza, 234 persoas concentran máis da metade da riqueza do planeta, 6 nenos morren cada minuto...

A Europa deseñada polo tratado de Maästricht seguindo as pautas da política neo-liberal é percorrida por unha pantasma reaccionária que toma forma de recurtes sociais, racismo, despido livre, agudización do desemprego, ...

O imperialismo actua con total impunidade no mundo sometendo povos enteiros ás vontades do capital en aras do lucro no centro do sistema...

Nesta coxuntura, Galiza con todos os seus elementos nacionais desenvoltos cunha claridade meridiana (idioma próprio, território de seu, economia peculiar, sentimento de pertenza a unha colectividade, ...) está a sofrer unha das máis graves crises que pon en perigo a sua existéncia. O desmantelamento do tecido produtivo, as agresións ao idioma, o nulo crecimento económico, as altas taxas de desemprego teñen como causa última a dependéncia política, económica e cultural respeito da metrópole española e europea.

Galiza Nova é a organización de xovens do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que ten como función básica a organización e a mobilización da mocidade de cara a acadar a liberación nacional de Galiza e a transformación da sociedade actual. Concentración por Timor

Galiza Nova é unha organización ampla, plural e democrática adoptando-se as decisións tras un amplo proceso de debate aberto a toda a militáncia. O noso funcionamento basea-se no asemblearismo estruturando-nos en agrupacións locais e comarcais. O máximo órgano é a Asemblea Nacional que se celebra cada dous anos, sendo a sua asisténcia un diereito de toda a afiliación. O activismo militante é a nosa máxima de funcionamento, rachando co pasotismo e alienación que están a ser fomentados para que nada mude no noso país.

Reivindicamos unha Galiza plenamente soberana, isto é, dotada dun estado próprio como resulado do proceso de autodeterminación nacional. Trata-se de decidir o noso futuro como nación conforme á vontade maioritária do povo galego.

Aspiramos a unha sociedade cualitativamnete distinta que supere as inxustizas da actual e onde a igualdade e a democrácia sexan reais. Queremos garantir unha mellora nas condicións de vida e benestar social para a mocidade e o conxunto de galegos e galegas.

Defendemos que as relacións entre as diferentes nacións do mundo estean fundamnetadas na igualdade e na solidariedade internacionalista opondo-nos á explotación duns povos por outros e ás estruturas que a apoian (OTAN, Unión Europea, FMI, ...). Unha política anti-imperialista é a mellor garantia de futuro para a humanidade.

Por todo o dito, é o momento de que todos e todas botemos unha man a esta importante labor. Xa que logo, chamamos á mocidade galega a organizar-se en Galiza Nova sendo conscientes de que só o noso compromiso activo e traballo militante han facer mudar as cousas e acadar o noso obxectivo de liberar Galiza. Poden-se cambiar moitas cousas que parecen inamovíbeis no teu entorno con actividade social e política.

Para poñer-te en contacto connosco, envia-nos un mail a gznova@hotmail.com.

Ou ben no noso Local Nacional en:

r/Santiago de Chile 28, entrechán direita - 15706
Santiago (Galiza). Tlf/fax: 982-553526



Se queres recebir máis información acerca de Galiza Nova, ou queres recibir de balde o Mocidade (publicación periodica de Galiza Nova) no teu domicilio, ou obter información para afiliar-te, enche este este formulário:


Nome:
Enderezo:
Código Postal:
Povoación:
Telefone:
Idade:
Correo Electrónico:
Receber gratuitamente a revista Mocidade
Receber mais información de Galiza Nova
Receber información para afiliar-me a Galiza Nova


[Apresentación]| [História do Conflicto]| [Actualidade]| [Enlaces]| [Solidariza-te] [Entrevista a Luis Cardoso]|