Solidariedade


Xanana Gusmäo

"Vamos votar! Vamos todos votar! Non teñamos medo. O futuro de Timor Leste depende da nosa coraxe e convicción no dia de hoxe". Palabras de Kay Rala Xanana Gusmão, en mensaxe ao povo timorense, pouco antes do início da votación sobre o seu futuro. Horas despois a ONU divulgaba os impresionantes números da afluéncia ás urnas, que atinxiu os 98.6%. A vitória do "si" á independéncia por case un 80% deron a vitória para a causa da democrácia e a liberdade.

Ainda que a relación entre o apelo de Xanana e os números non sexa directa, a participación popular no referendo representa en si mesma unha inequívoca afirmación da vontade do povo Timorense de se facer ouvir, de se afirmar en canto povo e de determinar o seu futuro.

Perante a onda de violéncia, intimidación e terror desenvolvido en Timor Leste polas milícias integracionistas e polas forzas de ocupación indonésias ninguén se atreve a considerar que foran efectivamente reunidas as condicións dunha consulta verdadeiramente libre e democrática. En tal situación, a derrota da integración siñifica unha histórica vitória do povo timorense, confirmando aquelo de que máis de 23 anos de resisténcia e loita heroica hai moito xa que recusaran a ocupación indonésia e que refrendaran o amor a liberdade.

Como se deu o referendo

Para avaliar o extraordinário alcance de tal resultado basta lembrar que os presos políticos, empezando polo próprio Xanana Gusmâo non foron liberados. As tropas indonésias non se retiraron de Timor nen foron acantonadas máis concentraron-se novos continxentes militares xunto á fronteira na parte occidental da illa. As forzas policiais a quen competia nos termos dos Acordos garantir a seguranza da povoación, polo contrário protexeron descaradamente as accións terroristas das milícias. Os exiliados non foron autorizados a volver e facer campaña. O Congreso Nacional de Resisténcia Timorense (CNRT) viu sedes atacadas e destruidas e dirixentes da resisténcia no interior foron forzados á semiclandestinidade. Asasinatos na via pública, asaltos e incéndios de vivendas, fuga para as montañas de milleiros de patriotas, todo un cortexo de arbitrariedades, violéncia e crimes impuxeron un clima de intimidación e inseguridade.

Referendum Inquedanza suscita tamén o comportamento das grandes poténcias con intereses neste proceso (EEUU, Austrália e Gran Bretaña) que, sexan cais foran as boas palabras que agora dirixan á resisténcia timorense, sexan cais foran as adverténcias que agora fan ao poder indonésio, teñen sido co-responsábeis da opresión e sofrimento do povo timorense.

Viven-se neste momento dias de incerteza, mais tamén de grande esperanza.

O lider pro-integracionista xa fixo amago de acusar a ONU de fraude eleitoral. Na véspera do acto eleitoral o exército de Xakarta anunciaba que non poderia garantir a seguridade despois das eleicións -en particular no marco dunha vitória da independéncia-.

Acabado o acto eleitoral, os timorenses, que votaran ben cedo fecharan-se nas suas casas ou recolleran-se ao abrigo das montañas e bosques. O medo está ben presente. Mais a determinación de participaren nunha decisión fulcral para o seu futuro colectivo, non o está menos.

Antecedentes recentes.

Nos anos 1996 e 97 Timor atinxiu un grau de visibilidade xamais conseguido desde Sempre se caracterizou pola atribución do Prémio nobel da Paz en 1996 ao Bispo ximenes Belo e a José Ramos Horta. A estratéxia da Indonésia de silenciar e bilateralizar a cuestión en grande parte; xa que o Prémio Nóbel trouxo moita propaganda para a loita do povo timorense -cando menos no que respeita á defensa dos direitos humanos, liberdades fundamentais e identidade específica-. Bispo Belo e Jose Ramos Horta

Nese tempo seguiu-se coa represión e a política de transmigración cun elevado nível de presenza militar. Houbo algunha solidariedade visíbel por parte se sectores da oposición indonésia coa resisténcia maubere, que por primeira vez acadou expresión pública. A esta situación hai que unir-lle a crise financeira que, recentemente atinxiu á Indonésia con peche de bancos e a desvalorización dun 70% da rúpia. A intervención do FMI concedendo o segundo maior crédito da história deste organismo foi condicionado á que non houbera importantes convulsións sociais que puxeran en perigo a mistificación do chamado milagre económico asiático -revelando, de paso, as graves fraxilidades en que se asentaba aquel modelo-. Ademais as mostras de oposición interna eran cada vez máis desinibidas chegando-se a realizar manifestacións de várias decenas de miles de participantes nas mesmas.

A coxuntura internacional

Vitoria Houbo, xa que logo, uns reflexos positivos na opinión pública internacional e na consecuente presión sobre os governos, no sentido dunha maior severidade das políticas con respecto á Indonésia. Pode dicer-se que o fin do apartheid, a melloria (ainda que relativa e con significativos recuos) da situación no Médio Oriente e a actual calma na ex-Xugoslávia axudan, por contraste, a acentuar a referida visibilidade e a atraer para a cuestión timorense atencións disponíveis para este tipo de causas, que non caso de Timor-Leste son ainda axudadas polo carácter obsoleto do rexime militar indonésio, de características anti-democráticas, represivas e corruptas.

A Comisión dos Direitos Humanos da ONU aprobou no 97, unha resolución de denúncia da situación extrema de Timor -feito que non acurria desde hai anos xa que cos EEUU á cabeza votaban-se abaixo estas propostas-; o Parlamento Europeu adoptou no 96 unha condena á represión militar e apoia expresamente a autodeterminación do povo maubere -sendo logo matizada ainda que aposta polo diálogo para unha saida de acordo ao direito internacional respeitando a vontade dos timorenses-; declaracións semellantes foron aprobadas tamén na cimeira Ibero-americana ou na CPLP (Comunidade de Países de Língua Portuguesa); e outras iniciativas semellantes como a do ex-Presidente Mandela pedindo a liberdade de Xanana Gusmão, do governo brasileiro reclamando a autodeterminación, do Vaticano -a relixión maioritária en Timor é a católica-, da Irlanda, Portugal ou a solidariedade internacionalista que durante estes anos defendeu a causa timorense fixeron que os governos de EEUU, Gran Bretaña ou Holanda tiveran que comezar a buscar unha saída a un conflicto que lles estaba ponto de estoupar nas maos.

O futuro é de esperanza
Rapaces

Apesar dos intentos de Indonésia por boicotear o proceso, ou cando menos dificultá-lo co obxecto de obter maiores benefícios e de escorrentar outros posíbeis intentos secesionistas noutras illas do imenso arquipélago. Apesar ainda dos intentos por restar-lle protagonismo ao Xanana Gusmâo e á FRETILIN para non poñer en perigo intereses internacionais polo carácter anti-imperialista desta organización. Ainda asi, como decimos a independéncia de Timor-Leste está cerca e o futuro é esperanzador para un povo que sofreu xa demasiado tempo a opresión nas suas xentes e a destrucción da sua identidade colectiva.

Serán ainda moitos os problemas a superar e é demasiado cedo para aventurar como van a desenvolver-se os acontecimentos que leven á consecución do estado soberamo timorense. Haberá que permanecer atentos para que non haxa recuos importantes e será necesária a vixiáncia internacional para que se cumpran os acordos que daban lexitimidade a este referendo para decidir o futuro do povo maubere. En todo caso a experiéncia de Timor demostra, que os povos son, efectivamente, quen máis ordena e que a loita de todos estes anos pode poñer agora nas suas mans a grata e difícil responsabilidade de conducir a liberdade.



[História do Conflicto]| [Actualidade]| [Enlaces]| [Solidariza-te]| [Entrevista a Luis Cardoso]| [Contactar con Galiza Nova]